A partir de agora Rajoy elixe a dedo as preguntas na roldas de prensa

a dedo

12 de decembro. A Moncloa remata de xeito unilateral coa forma na que, dende hai máis dunha década, os xornalistas preguntan o presidente do Goberno cando este comparece xunto a un mandatario estranxeiro.

Adoitaba haber catro preguntas, dúas para a prensa nacional e dúas para a estranxeira, cunha quenda rotatoria non escrita.

O Executivo rompeu este pacto en xullo ao evitar que lle preguntasen. En pleno escándalo sobre as revelacións do ex tesoureiro do PP Luis Bárcenas deulle a palabra por sorpresa a un redactor de ‘ABC’. Dende entón, o xornal ‘ABC’ saíuse por decisión propia do consenso entre medios de comunicación e esixiu preguntar en todas as roldas de prensa, en detrimento do resto dos compañeiros.

http://www.elplural.com/2013/12/12/moncloa-tumba-la-tradicion-y-a-partir-de-ahora-sera-rajoy-el-que-decida-quien-le-pregunta-en-rueda-de-prensa/

http://www.eldiario.es/politica/Moncloa-quiere-decidir-pregunta-Rajoy_0_206480286.html

http://www.lasexta.com/noticias/nacional/moncloa-modifica-normas-rueda-prensa-imponer-periodistas-que-pueden-preguntar_2013121200328.html

http://www.elmundo.es/espana/2013/12/13/52aa5bf663fd3d7d278b456d.html

http://www.publico.es/488914/moncloa-impone-la-ley-mordaza-en-las-ruedas-de-prensa-de-rajoy

Na Galega non se informou disto, malia ser un ataque directo a liberdade de prensa e do dereito dos cidadáns a ter información sobre os temas de actualidade, aínda que non lle guste ao Goberno. As explicacións sobre temas polémicos e preguntas incómodas tamén son parte do traballo dos políticos, aos que de vez en cando hai que lembrarlles que todos lles estamos pagando o soldo.

Un atranco máis ás liberdades e dereitos que tamén se están vendo recortados polas leis dictadas dende o gabinete de Rajoy.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s