Edgewater pagou unha viaxe a Finlandia para facer unha reportaxe sobre a minería

sanchez izquierdo

29 de novembro. O director da CRTVG comparece na Comisión de Control do Parlamento. Na orde do día, os datos de producción e as horas de producción propia, pero tamén outras preguntas que se referían directamente a manipulación informativa feitas polos grupos da oposición.

comision_rtvg_29112013-1

comision_rtvg_29112013-2

Entre elas a petición de Juán Manuel Fajardo (AGE) da dimisión do responsable que aceptou que unha empresa mineira pagara unha viaxe a Finlandia a un equipo da TVG para facer unha reportaxe sobre os valores positivos deste tipo de explotacións. Trátase da mesma empresa que ten intereses en Corcoesto.

Os medios galegos resúmeno así:

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/director-crtvg-destaca-rentabilidad-social-economica-ente/idEdicion-2013-11-29/idNoticia-839892/

http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=93797

Alternativa Galega de Esquerda tamén denunciou os erros cometidos nunha noticia sobre a manifestación en contra da Lomce (a coñecida como lei Wert). Fajardo reprochou que se tivese destacado que non había parlamentarios de AGE na protesta, cando en realidade na marcha participaran o líder do partido Xosé Manuel Beiras, xunto aos deputadosXabier Ron e Ramón Vázquez. E que se dixera que a ausencia se debeu a que os deputados acudiran a unha reunión do grupo parlamentario que non se produciu.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/29/galicia/1385750301_214630.html

Na TVG ésta é a información que se da:

http://www.crtvg.es/informativos/o-director-da-crtvg-lamenta-o-peche-de-canal-9-707610

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s