A alegría de Blesa pola venda de preferentes non se da na TVG

blesa

11 de decembro. O xornal diario.es publica os correos de Miguel Blesa, ex presidente de CajaMadrid, e amigo íntimo de José María Aznar. Nel recollese como se xestionou a venda de preferentes na entidade.

“1.300 millóns de euros!!!!!”. A bandexa de entrada de Blesa enchíase de exclamacións. “Récord histórico de colocación en produto nun só día”, contáballe o seu equipo nun informe apresurado e informal. O arranque da venda de preferentes fora, dicíase, “fulminante”.

“O que aprendín é que, se aos sindicatos non lles gusta, probablemente é bo produto”, di o seu número 2 esa mesma semana nun intercambio xa eufórico de mensaxes con Blesa. “E iso que enganaramos os clientes”, responde, sumándose ao ton irónico, o presidente de Caixa Madrid.

http://www.eldiario.es/economia/Blesa-negocio-preferentes-Caja-Madrid_0_205430051.html

Algúns medios fanse eco destas informacións e as axencias de noticias recollen reaccións dos partidos políticos a esta noticia.

http://www.europapress.es/nacional/noticia-psoe-ve-deplorable-blesa-jactara-exito-preferentes-iu-pide-fiscalia-tome-nota-20131211125650.html

http://www.20minutos.es/noticia/2002106/0/miguel-blesa/preferentes/caja-madrid/

http://economia.elpais.com/economia/2013/12/11/actualidad/1386763854_765634.html

http://www.diariosigloxxi.com/texto-s/mostrar/99792/preferentes-llamazares-dice-que-los-correos-de-blesa-prueba-que-el-escandalo-no-fue-fruto-de-un-descuido

Nos correos tamén se recolle que o actual xefe da Casa Real denunciou a Blesa a “desvergonza” da fundación estrela de Aguirre. Rafael Spottorno, entón director da Fundación CajaMadrid, queixouse ante Miguel Blesa da “desvergonza e a dilapidación” que supoñían os proxectos con medios de comunicación da Fundación Dous de Maio, patrocinada pola entidade financeira

A Fundación CajaMadrid, a través da Fundación Dos de Mayo, pagou 1,3 millóns de euros a Unidad Editorial en diferentes proxectos en 2009 e financiou un “bonito mural de Vocento” en 2008.

http://www.eldiario.es/politica/Casa-Fundacion-Caja-Madrid-Mundo_0_205429908.html

De todo isto na galega, nada de nada.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s