TVG delega noutra televisión a cobertura dalgunhas informacións de Pontevedra

crtvg

O pasado 30 de novembro fixéronse tres anos dun dos episodios máis rocambolescos da historia da TVG.

 

Foi unha xornada negra para os traballadores da canle pública, coñecida entre nós como o día do asalto ás delegacións da TVG. Ese 30N, moitos compañeiros foron enviados ao paro sen previo aviso e pecharon as delegacións de Ferrol, Burela e Pontevedra, coa conseguinte merma de calidade e de atención ao volume informativo xerado nesas zonas.

O pasado 23 de xullo, o pleno do concello de Pontevedra declarou a TVG “medio partidista e hostil” á cidade porque “non da unha información suficiente, plural e veraz da realidade do concello”. Eunonmanipulo recolleu esta información.

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/07/24/era-visto-o-concello-de-pontevedra-contra-a-tvg/

Pois ben, desde que o pleno do concello de Pontevedra declarou á TVG medio hostil tras o peche da delegación na cidade e a significativa reducción de noticias relacionadas con ela, a canle Canal Rías Baixas está a dotar de contidos á televisión pública dos galegos.

Este é un exemplo da estreita colaboración TVG-Canal Rías Baixas:

http://www.crtvg.es/informativos/empresas-mexicanas-buscan-socios-para-europa-en-galicia-692479

Desde Eunonmanipulo queremos denunciar esta colaboración e defender a capacidade dos profesionais dos medios públicos para realizar o seu traballo, sen necesidade de recorrer a outras televisións.

Asimesmo, reivindicamos de novo a necesidade da reapertura das delegacións asaltadas e clausuradas o 30 de novembro de 2010 para que importantes zonas de Galicia non queden relegadas a un plano secundario no tratamento informativo dos medios públicos galegos.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s