Na sesión de control ao goberno do mércores 4 de decembro no Parlamento galego, a deputada de AGE Iolanda Díaz acusou ao PP de “mafia” referíndose a asuntos de financiamento.
A práctica totalidade de xornais, medios radiofónicos e axencias de prensa de Galicia destacaron en titulares as devanditas palabras da deputada de AGE.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/04/galicia/1386154584_991720.html
Nos telexornais da Televisión de Galicia preferiron evitar a reproducción dese momento que si consideraron de interés xornalístico outros medios. A Galega elixiu pola contra unha parte da intervención de Díaz referido ao financiamento, pero en termos xerais.
A quen lle ofende a palabra mafia?