“Producións PP” traballa para a TVG en Vigo

A TVG emite, desde hai algún tempo, nos seus informativos locais de Vigo-Pontevedra noticias relacionadas coa vida municipal viguesa que conteñen imaxes e declaracións gravadas polo Partido Popular e enviadas por esta formación política á delegación da Televisión de Galicia. A TVG convértese así nun órgano de difusión/propaganda do propio PP.
A calidade das imaxes deixa moito que desexar e non pasarían un mínimo control de calidade. Ademais, o PP non envía a rolda de prensa íntegra para que as redactoras de Vigo elixan os cortes baixo un estrito criterio profesional. Non. O PP, no colmo da manipulación, selecciona os cortes que quere que se emitan no informativo local.
Aquí ofrecemos un par de exemplos:

Cruce de declaracións entre o alcalde de Vigo e o grupo municipal do PP sobre os impostos. As declaracións de Caballero están gravadas por un equipo da delegación da TVG de Vigo. As de Xosé Manuel Figueroa enviounas o Partido Popular á delegación da TVG en Vigo.

http://www.crtvg.es/informativos/alcalde-e-pp-non-se-ponen-de-acordo-sobre-os-impostos-municipais-699100

Rolda de prensa do PP para pedir un local para sereos nos baixos de San Francisco. É evidente a diferenza de calidade entre as imaxes que acompañan a noticia e o fragmento da rolda de prensa dunha concelleira do PP. A TVG non cubriu esa comparecencia.
Asistimos nos últimos anos a unha especie de delegación de funcións dos medios de comunicación na organización interna dos partidos (sinais en directo de mitíns e de roldas de prensa). Faise con todos os partidos e ese é outro debate. Desde eunonmanipulo cuestionamos estas prácticas, pero sobre todo denunciamos que se faga en exclusiva cun partido, o PP. Alguén debería dar unha explicación convincente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s