O aumento do paro en Galicia é secundario

 

Martes 3 de decembro. O Ministerio de Emprego e Seguridade social publica os datos do paro. O Telexornal mediodía da TVG destaca – tanto nos titulares coma na primeira información – que no mes de novembro o desemprego diminúe en España, pero

deixase nun segundo plano e non se resalta O DATO NEGATIVO DE QUE O PARO AUMENTOU EN GALICIA. Tratándose da televisión pública galega, quizáis debería ser ao revés: comezar pola comunidade autónoma.

No mesmo telexornal queda para o final da noticia o “detalle” das afiliacións á seguridade social: España perdeu o mes pasado 67.000 afiliados, deles máis de 4.500 en Galicia.

Estes foron os titulares:

E esta a información que abríu o Telexornal:
Ademais, ao igual que en ocasións anteriores, non se ofrecen reaccións políticas, sindicais, sociais, cidadás… a eses datos, aínda que as hai e moi salientables, sobre todo por parte dos partidos da oposición en Galicia, moi críticos coa suba do paro na nosa comunidade.

 Bueno, si se emite unha declaración EN POSITIVO da directora xeral de Emprego e Formación da Xunta, Ana María Díaz López, nos dous telexornais:

http://www.crtvg.es/informativos/o-paro-baixa-en-case-2-500-persoas-en-espana-e-sobe-en-2-600-en-galicia-no-mes-de-novembro-709709

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s