27 de novembro. O anteproxecto de Lei de Seguridade Cidadá centrou unha intensa lea no Congreso entre o ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, e o secretario xeral do Grupo Socialista, Eduardo Madina.
Madina acusou ao Goberno de pretender sacar adiante unha lei “de represión cidadá”, e dixo que atenta contra dereitos fundamentais como o de folga, de reunión, de información e de liberdade de expresión. Madina asegurou que se se aproba, a levarán ao Tribunal Constitucional.
O ministro, visiblemente molesto, cualificou todas estas apreciacións de “parvadas” dicíndolle ao deputado socialista “a quen pretende vostede impresionar coas súas leccións de democracia”. Fernández Díaz dixo que a eliminación do capítulo de faltas do Código Penal motiva a súa regulación como sancións administrativas. Defendeu a lei como “despenalizadora e garantista” e que “servirá para garantir a convivencia libre e pacífica e a seguridade dos cidadáns”.
Moi recomendable ver os vídeos.
http://www.elmundo.es/espana/2013/11/27/5295e996684341f63f8b456b.html
http://www.abc.es/multimedia-videos/videos-de-abc.asp?flash=2872808282001
http://www.eldiario.es/politica/Duro-Gobierno-PSOE-Seguridad-Ciudadana_0_201230333.html
http://politica.elpais.com/politica/2013/11/27/actualidad/1385557995_491348.html
http://www.publico.es/485309/madina-sobre-la-ley-mordaza-es-una-intentona-antidemocratica
Na Galega non se deu nada sobre este tema.