Luns 25 de novembro. Contra o mediodía, ás doce, coñécese que Carlos Fabra acaba de ser condeado a catro anos de cárcere por defraudar case 700 mil euros, 693 mil exactamente, cartos que non declarou entre 1999 e 2003.
A instrucción xudicial deste caso bautizado Naranjax levaba dez anos en marcha.
As principais cabeceiras da prensa escrita e dixital española adican amplo espazo a unha das novas do día. Non só falan da condea de Fabra senón que fan un repaso pola figura do expresidente da deputación e do PP de Castellón. Ninguén se salta o capítulo da sorte de Fabra polas moitas veces que lle foi tocando a lotería.
Tampouco se pasa por alto que queda libre, absolto, das acusacións máis graves, as de cohecho e tráfico de influencias.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/25/valencia/1385380883_196537.html
http://www.elmundo.es/comunidadvalenciana/2013/11/25/52933bb963fd3d74458b4572.html
E nas televisións tamén se encara a noticia como información de apertura. As diferentes canles españolas adícanlle vídeos nos que como en prensa, dase conta da sentenza pero tamén se bota unha ollada á figura de Carlos Fabra e á historia do caso Naranjax dende que comezara a súa instrucción hai dez anos.
http://www.telecinco.es/informativos/nacional/anos-carcel-Fabra_2_1706280088.html
http://www.antena3.com/noticias/espana/carlos-fabra-condenado-anos-carcel_2013112500118.html
Sen embargo a Televisión de Galicia, que si adianta o tema en titulares, adícalle no corpo do informativos, despois de vinte minutos (ou dez, dependendo das edicións) do seu comezo, senllas informacións de trinta segundos…
…seguidos doutros vintecinco segundos nos que María Dolores de cospedal fala do respeto á sentenza xudicial, das posibles actuacións posteriores do PP e de que o proceso xudicial segue aberto.
Dáselle o mesmo tempo que a unha información que publica un xornal de tirada nacional na que acusa oa sindicato UXT de financiamento ilegal.