Os do PP uns santos e os outros uns delincuentes

          O alcalde de Badalona, Xavier García Albiol (PP), admitíu que puido proferir expresións “inapropiadas” e “inaxeitadas” contra os romaneses durante o xuizo celebrado contra él o mércores 20 en Barcelona.

          O fiscal pide para él un ano de prisión por un delito de provocación á discriminación por relacionar aos inmigrantes romaneses coa delincuencia.

          García Albiol chegara a asegurar que “o colectivo romanés xitano instalouse na nosa cidade a delinquir e roubar”.

           Así informan do caso varios medios:

http://www.rtve.es/noticias/20131120/alcalde-badalona-admite-frases-suyas-inapropiadas-contra-rumanos/797380.shtml

http://www.lasexta.com/noticias/nacional/alcalde-badalona-admite-frases-suyas-inapropiadas-rumanos_2013112000754.html

http://www.europapress.es/sociedad/noticia-alcalde-badalona-problemas-gitanos-rumanos-son-datos-objetivos-20131120130900.html

http://www.telecinco.es/informativos/nacional/Alcalde-Badalona-problemas-gitanos-objetivos_0_1703625236.html

            Ningún Telexornal da TVG da nada sobre esta noticia.

            Sen embargo, só uns días atrás (o pasado 11 de novembro) o Telexornal mediodía si emitía a información do inicio do xuizo contra o parlamentario andaluz de Esquerda Unida e alcalde de Marinaleda, Sánchez Gordillo:

http://www.crtvg.es/informativos/comeza-o-xuizo-contra-sanchez-gordillo-e-53-persoas-mais-pola-ocupacion-dunha-terreo-militar-697263

            E este xoves 21, tamén se da que Sánchez Gordillo é condenado a 7 meses de cárcere:

http://www.crtvg.es/informativos/condena-de-7-meses-de-cadea-para-o-deputado-sanchez-gordillo-por-ocupar-unha-terreo-en-sevilla-702875

            Pero hai unha semana, ningún Telexornal deu nada da condena a un ano de prisión para un concelleiro do PP da Illa de Arousa (nin tampouco da súa posterior dimisión) por contrabando de tabaco, tal como xa denunciamos desde este blog:

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/11/15/sen-informacion-do-concelleiro-do-pp-condenado-por-contrabando-na-illa/#more-2085

            O famoso “dobre raseiro” dos responsables de informativos da TVG…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s