O xoves 21 de novembro, o Partido Popular presenta no xulgado de primeira instancia de Madrid a RENUNCIA Á DEMANDA QUE INTERPUXO CONTRA O XORNAL “EL PAÍS” pola publicación dos papeis de Bárcenas.
Así o publica esa mesma tarde o rotativo madrileño:
http://politica.elpais.com/politica/2013/11/21/actualidad/1385060122_417755.html
A TVG non ofrece nin a máis mínima información sobre a noticia.
Algo que contrasta co que se fixo cando, meses atrás, o PP presentou a citada demanda contra o xornal. Sirvan dous exemplos; en febreiro destacouse a demanda presentada por María Dolores de Cospedal:
E en marzo volveuse resaltar que o PP iniciaba accións xudiciais pola publicación dos papeis:
Igual é o criterio que xa destacou o director xeral da CRTVG hai unhas semanas no Parlamento sobre a sentenza absolutoria de Carlos Callón: é máis importante o proceso que a sentenza final. Xornalismo en estado puro.