Estragando un gran traballo en Vigo

Ver imagen en Twitter

           Mércores 20 de novembro. Durante a manifestación contra a LOMCE en Vigo, prodúcense numerosos incidentes, con violentas cargas policiais contra os estudantes.

               Algunhas delas prodúcense xusto a carón da delegación da TVG, e os profesionais encargados de cubrir a información conseguen moitas e boas imaxes das agresións e detencións realizadas pola policía.

A pesar de dispoñer dese excelente material, o Telexornal mediodía ofrece apenas 15 segundos de imaxes e unha breve declaración dun voceiro estudantil. Non se emitiron declaracións no lugar dos feitos nas que se denunciaba o excesivo uso da forza por parte da policía:

http://www.crtvg.es/informativos/catro-estudantes-detidos-en-vigo-e-un-deles-agredido-supostamente-pola-policia-nacional-702359

                    Pero o peor é que esas boas imaxes da TVG lle foron facilitadas a outras cadeas locais, que si lle sacaron partido… mentres o informativo local da TVG de Vigo NON DEU NADA SOBRE OS INCIDENTES NIN AS CARGAS POLICIAIS, e mesmo abríu coa inauguración dunha comisaría de policía!!!

http://www.crtvg.es/informativos/finf:20-11-2013/oinf:ASC/pinf:244815

                    É dicir, non se aproveitan as imaxes e o traballo dos profesionais da delegación de Vigo, dánselles a outros medios, e non se emite nada no espazo do que seguramente estaban pendentes milleiros de vigueses para coñecer detidamente a noticia da folga e os incidentes. Penoso por parte dos responsables da TVG.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s