O martes 19 de novembro coñécese a noticia de que preto de cen concellos de Galicia (ningún do PP) preparan unha dura estratexia conxunta para combater o incremento dun 34% decidido pola Xunta no cobro polo tratamento dos residuos na pranta de SOGAMA.
Nunha xuntanza celebrada en Santiago por numerosos alcaldes galegos, decidiron non pagar o canon a SOGAMA se o presidente da Xunta evita dialogar con eles, e acordaron pedir a dimisión do presidente disa empresa pública galega, Luis Lamas, polas súas declaracións contra os concellos
Os responsables municipais mesmo contemplan levar a cabo unha concentración ou peche na Xunta para mostrar o rexeitamento contra a suba da factura de SOGAMA, e ameazan con non pagar a partir do 1 de xaneiro.
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1535522
http://www.eldiario.es/galicia/centenar-alcaldes-basura-decidida-Feijoo_0_198430847.html
A pesar da relevancia da noticia, a TVG non informa nada sobre o asunto.
Resulta inconcebible que non se ofreza ningunha información sobre a protesta de numerosos concellos galegos contra a suba de SOGAMA (igual é porque ningún deles está gobernado polo PP), mentres si se dan outras noticias -como a citada do PP de Lugo- moito menos importantes.