E os contratos da Xunta con Dorado que foron destruídos ??

                Martes 19 de novembro. A Xunta recoñece que algúns contratos vencellados con empresas do narcotraficante Marcial Dorado remitidos ao Parlamento, non se adxuntaron á documentación facilitada aos grupos da oposición debido ás INUNDACIÓNS que afectaron ao arquivo de Coia, en Vigo, onde estaban almacenados.

             Segundo a Xunta, “as inundacións afectaron gravemente a moitos expedientes arquivados alí, ata o punto de que tiveron que ser destruidos” (sic)

         Isa foi a resposta remitida polo goberno galego ao grupo de AGE, que difundíu posteriormente a vicevoceira, Yolanda Díaz.

                 Para Yolanda Díaz, o feito demostra que “sí se destruíron” expedientes, e pregunta por “quen é o responsable da eliminación de documentos”.

                Así suliñan os feitos algúns medios de comunicación:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/19/galicia/1384865697_812051.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/11/19/xunta-reconoce-contratos-dorado-enviaron/917339.html?utm_medium=rss

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/11/19/xunta-admite-destruyo-5-expedientes-sobre-marcial-dorado/0003_20131120131119131754294.htm

http://www.elmundo.es/espana/2013/11/19/528b6d810ab740414b8b459b.html

                        No Telexornal mediodía, a TVG non da absolutamente nada sobre a noticia.

                        O Telexornal serán si fai unha breve reseña, pero con imaxes do Parlamento (ningunha de Marcial Dorado nin moitísimo menos dos seus momentos de ocio con Feijoo) e destacando o dato de que o 53% de contratos foron co goberno de Fraga e o 44% co bipartito:

http://www.crtvg.es/informativos/alguns-dos-documentos-da-xunta-sobre-marcial-dorado-quedaron-destruidos-nunha-inundacion-701724

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s