O filón informativo do “culebrón Sestayo”

                    En só vintecatro horas, desde o Telexornal mediodía do domingo 17 ata o Telexornal mediodía do luns 18, os informativos da TVG emiten SETE INFORMACIÓNS (sen contar o Bós días) sobre o incidente da deputada socialista Beatriz Sestayo cun garda de seguridade do aparcadoiro do Parlamento galego.

                     Ademáis do “exceso informativo” que supón para ese asunto – do que xa falamos na fin de semana e que xa está nos xulgados -, outra cousa son a proporcionalidade e o equilibrio no tratamento do mesmo.

                     O domingo, tanto o Telexornal mediodía coma o serán dan as mesmas informacións: os avisos que xa lle deran a Sestayo… e a opinión da voceira do PP de Galicia, Paula Prado !!!!!:

                     No Tx1:

 
                   E no Tx2:
 
 
 
               O luns día 18 os responsables de informativos “rizan máis o rizo” e cumpren o de “non queres unha taza ??… pois toma dúas”; primeiro, o Telexornal mediodía emite só 15 segundos de Méndez Romeu – voceiro parlamentario do PS de G-PSOE – para indicar que o partido non tomará medidas contra Sestayo:
 
 
 
 
 
          Pero logo, noutra mostra de neutralidade e honestidade informativas, ofrécense declaracións de dous membros do PP !!!!!: Pedro Puy e Alfonso Rueda, ámbolos moi críticos con Sestayo, claro:
 
 
 
 

http://www.crtvg.es/informativos/rueda-esixe-explicacions-de-sestayo-701008

E para rematar co amplísimo tratamento do caso Sestayo na TVG, o programa “Foro aberto” do luns adícalle un auténtico “especial informativo”.

             En definitiva, a TVG está mantendo un verdadeiro “culebrón” informativo co caso Sestayo. Seguimos dubidando que se fixese o mesmo se se tratase dalgún membro do PP…

 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s