O cabreo do alcalde de Ferrol (PP) con Navantia non se da

                    O luns 18 de novembro, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela (PP), pídelle “explicacións inmediatas” á presidencia de Navantia, a quen se dirixíu por carta, ao igual que á SEPI, sobre as “contradiccións” existentes en torno á adxudicación a asteleiros de Xapón e Corea da construcción de catro gaseiros para Gas Natural á que optaba a empresa pública.

Rey Varela sinalou que, no caso de se confirmar que non se obteñen eses contratos, “haberá que pasar a falar de responsabilidades políticas”.

O alcalde de Ferrol xa ten mostrado outras veces o seu malestar cos dirixentes de Navantia e SEPI, empresas públicas que dependen do goberno do Partido Popular; os responsables actuais foron nomeados polo PP.

Así informan sobre o asunto algúns medios:

 
 
 
 
                           A TVG non da nada sobre esta noticia nos Telexornais do luns 18, nin tampouco di que os traballadores de Navantia Ferrol e Fene comezan este martes novas mobilizacións, cunha manifestación desde o asteleiro.

Ata o momento lévanse perdidos uns 2.300 empregos en empresas auxiliares do naval vencelladas a Navantia.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s