O desproporcionado tratamento ao incidente de Beatriz Sestayo


Sábado 16 de novembro. A TVG segue facendo case unha “cuestión de Estado” o incidente ocorrido entre a deputada socialista Beatriz Sestayo e un garda de seguridade do Parlamento galego.

O asunto está xa en mans da xustiza, pero os responsables de informativos da Galega seguen co seu particular acoso á parlamentaria… e non só a ela se non ao PSOE en xeral.

Os Telexornais deste sábado destacan especialmente a noticia de que o coche que Sestayo tiña no aparcadoiro do Parlamento era da súa filla. É unha das informacións máis sobresaíntes nos informativos da TVG !!!!!.

Así a ofrece o Telexornal mediodía, case ao principio do informativo:

De seguido, dase unha declaración – explicación do secretario provincial da Coruña do PS de G-PSOE, Francisco Caamaño (que case nunca sae na TVG…):
E no Telexornal serán volta co asunto. Así se emite neste espazo:
http://www.crtvg.es/informativos/sestayo-reconece-que-o-coche-aparcado- no-parlamento-dende-marzo-era-da-sua-filla-700106
Minutos e minutos (ao igual que durante a semana) sobre un asunto que xa parece ter o percorrido esgotado. De feito, case ningún outro medio lle presta atención xa na fin de semana.

Faríase  igual tratamento informativo se fose alguén do PP ???… Aposten a que non…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s