As concentracións dos Erasmus, reducidas á mínima expresión

      
O sábado 16 de novembro, os estudantes “Erasmus” españois desenvolveron mobilizacións en varias cidades europeas para protestar pola incertidume do futuro das súas becas, e sobre todo contra a reforma educativa da chamada lei Wert. No caso de España, as axudas son as máis baixas de toda a Unión Europea.

As concentracións celebráronse en Berlín, Roma, París, Londres, Copenhague, Budapest, Helsinki, Varsovia e Viena, e tiveron como principal obxectivo das críticas ao Ministro de educación español José Ignacio Wert (PP), que primeiro tivo que recuar na decisión de sacar becas, e logo enganou dicindo que UE recurtaría a partir de 2014 as dotacións económicas, cando en realidade aumentarán o presuposto para ese capítulo.

Así destacan a noticia varios medios:

http://www.cadenaser.com/sociedad/articulo/salvemos-erasmus/csrcsrpor/20131116csrcsrsoc_4/Tes

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/11/16/album/1384625599_573032.html#1384625599_573032_1384625642

                   Pero a TVG só lle adica uns 20 segundos no Telexornal serán, e dun xeito superficial e baleiro por completo. En ningún momento se di que as críticas van dirixidas – sobre todo – á reforma educativa do goberno do PP e máis en concreto ao Ministro Wert:

Xa poden comprobar tamén que non se ofrece nin a máis mínima opinión de ningún estudante, a pesar de que moitos galegos participaron nas mobilizacións.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s