Nada de escándalos do PP, pero si críticas á oposición

O venres 15, o PS de G-PSOE e o BNG reclaman a comparecencia do alcalde de Cea, José Luis Valladares (PP); do presidente provincial do PP, José Manuel Baltar; e do líder galego do PP e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para que expliquen a súa relación coa rede de fraude fiscal destapada polo responsable do grupo empresarial “5 Jotas”, José Manuel Costas.

O PSOE pide a dimisión inmediata do alcalde e do secretario de Cea no caso de que se demostren as acusacións, e o BNG pide que se convoque un pleno extraordinario do concello en 24 horas:

http://www.telecinco.es/informativos/nacional/Responsable-Jotas-Cristovo-Cea-Orense_0_1700475435.html

http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/ourense/psoe-solicita-que-investigue-politica-xudicialmente-presunto-soborno-alcalde-cea_2013111500550.html

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/11/15/5-jotas-acusa-alcalde-cea/914644.html

 A TVG non deu nada sobre esta noticia en ningún dos Telexornais. Pero non é a única “vergoña desinformativa” da xornada.
MARTINA MISERTampouco se da nin un segundo da dimisión presentada por un concelleiro do PP na illa de Arousa, ao coñecerse que foi condenado por contrabando de tabaco:

Sen embargo, os responsables de informativos da TVG si lle adican tempo e importancia a outros asuntos, coma as críticas do BNG a Anova no concello de Toén por non cederlle o posto do edil e parlamentario que se vai para Dinamarca:
Ou a “trascendental” declaración de Feijoo sobre a denuncia dun garda de seguridade contra a parlamentaria socialista Beatriz Sestayo:

Outra mostra do criterio e da manipulación dos actuais dirixentes de informativos da TVG; silenciase – de xeito penoso e burdo – o que resulta negativo para o PP, e resáltanse mesmo cousas insustanciais doutros partidos.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s