A repercusión da sentenza do Prestige, penosa

Gobierno-sentencia-Prestige-ecologistas-oposicion_EDIIMA20131113_0592_4

O xoves 14 de novembro, o Telexornal mediodía ofrece unha lamentable información sobre as repercusións e alcance da sentenza xudicial do Prestige, coñecida o día anterior.

A noticia queda bastante relegada no informativo, e apenas dura en total algo máis dun minuto. Adícanselle catro apartados, pero todos eles moi breves e algúns con escasa ou nula relevancia.

O primeiro que se emite é sobre a fiscalía, que estuda recorrer a sentenza; son só uns segundos:

http://www.crtvg.es/informativos/a-fiscalia-estuda-se-recorre-contra-a-sentenza-do-prestige-698956

Logo destácase -textualmente- que a familia do capitán Mangouras “está feliz pola exculpación” (noticia incrible):

http://www.crtvg.es/informativos/a-familia-de-mangouras-feliz-pola-exculpacion-698955

Despois ven a parte “política” do asunto; métese unha declaración do presidente da Autoridade portuaria de A Coruña, que xustifica a decisión dos entón responsables políticos (do PP) de afastar o Prestige da costa:

http://www.crtvg.es/informativos/enrique-losada-di-que-a-sentenza-demostra-a-complexidade-doutras-alternativas-ao-afastamento-do-prestige-698954

E finalmente, suliñan que o goberno galego comparte a decepción da inmensa maioría dos galegos pola sentenza… pero emiten unha declaración de Feijoo criticando aos que agardaban un “linchamento político” dos responsables:

http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-di-que-goberno-galego-comparte-a-decepcion-da-inmensa-maioria-dos-galegos-pola-sentenza-do-prestige-698953

Xa non se ofrecen valoracións criticas do sector pesqueiro, de xente afectada na súa saúde, do mundo da xudicatura, da cidadanía, de “Nunca máis” (que ten previsto recorrer a sentenza)…

5284cae46b9a2-bzcl_crceaaj1d9

   E, finalmente, tampouco se di nada das concentracións públicas previstas pàra este venres 15 nas principais cidades galegas e en Cee, Monforte, Foz, A Estrada, Ribeira, Vilagarcía e Lalín, baixo o lema “Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras nunca máis”.
        Outro exemplo da desinformación coa que seguen “castigando” a Galicia os responsables de informativos da TVG.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s