O mércores día 13 de novembro, o tratamento informativo da noticia da marcha de David Fernández Calviño (AGE) do Parlamento de Galicia recibe unha dimensión completamente desproporcionada e tendenciosa por parte dos Telexornais.
Especialmente no Telexornal mediodía, no que se emiten tres videos sobre o asunto. A primeira información -entre presentación e imaxes- ocupa case dous minutos de duración, cun protagonismo para Beiras que xamáis tivo noutros asuntos:
Se ese video xa é partidista, logo chegan as declaracións da deputada que non quere renunciar ao escano. Carme Iglesias, que seguramente xamáis pensou que ía sair tanto na TVG coma nestas semanas…, segue empeñada na súa idea:
Pero por se non chegase con isas dúas informacións, o Telexornal mediodía aínda ofrece unha terceira !!!!!. É un informe de case minuto e medio, un tempo moi superior ao que é habitual nas noticias na TVG, no que se destaca a “crise” en AGE:
http://www.crtvg.es/informativos/despois-de-22-dias-desconecese-quen-ocupara-o-escano-
Asuntos coma o caso Bárcenas, as relacións de Feijoo co narco Marcial Dorado, a “Gurtell” ou outras corruptelas protagonizadas polo PP, ou non se deron ou foron minimizadas escandalosamente.
Pero como neste caso se trata doutro partido… a desprestixialo e machacalo. A imparcialidade dos responsables de informativos da TVG…
E para poñerlle a guinda a este pastel… adiviñen quen estivo de invitada o martes 12 no “programa” Foro aberto que segue sendo exemplo de honestidade e servizo público…: Carme Iglesias !!!