Nunca Máis cualificou a sentenza sobre a catástrofe do Prestige como “absolutamente decepcionante” e considerou que “é a peor sentenza que podiamos esperar”, segundo afirmou o voceiro da plataforma cidadá, Xaquín Rubido.
O Telexornal Mediodía despachou en 12 segundos esta información:
http://www.crtvg.es/informativos/nunca-mais-concentrase-as-portas-do-tsxg-698347
Nin se ofreceron as declaracións do voceiro de Nunca Mais, que falou ás portas do Tribunal Superior, nin se ampliou o texto polo menos para disimular. Nunca Máis non só considera que a sentenza é a peor que se podía dictar e que non entra no fondo do problema, senón que afirman que a decisión non se corresponde co comportamento da sociedade galega.
Disto, o Telexornal Mediodía, nada de nada. Afortundamente, o Telexornal Serán arreglou a desfeita.
http://www.crtvg.es/informativos/nunca-mais-lamenta-a-sentenza-698430