Para falar de AGE… escollen un conselleiro do PP

O martes 12 de novembro, o Telexornal mediodía destaca especialmente -case ao principio do informativo- a noticia de que o deputado Fernández Calviño “deixará o escano, e AGE pode quedar cun deputado menos”.
É un asunto ao que os responsables de informativos lle están a dar moita importancia, resaltando negativamente a situación. Neste caso, o Telexornal segue a mesma dinámica anterior:
Pero a cousa sería “matizable” se se ofrecesen declaracións ben do propio implicado, ou dalgún membro de AGE. Pero non é así. As únicas opinións que se emiten… son as do vicesecretario do PP de Galicia, Agustín Hernández !!!!!, feitas na Radio Galega. E claro está, Hernández “despáchase a gusto” durante case medio minuto:
O conselleiro do PP tivo este martes os seus minutos de gloria, porque no mesmo Telexornal mediodía tamén se ofreceron declaracións del contra os concellos que critican a suba do canon de SOGAMA:
É dicir: o vicesecretario do PP de Galicia é o máis axeitado para opinar sobre a situación que vive AGE respecto do seu deputado Fernández Calviño… para os responsables de informativos da TVG, por suposto.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s