Que pasa coas comparecencias dos presidentes das Deputacións ???

O xoves 7 e o venres 9 comparecen no Parlamento os presidentes das deputacións de Ourense, A Coruña e Lugo para explicar os presupostos disas institucións para 2014.

 

 

O primeiro día, a oposición arremeteu duramente contra a xestión de Baltar Blanco (PP), presentando a deputación ourensá como “escaparate” da corrupción en Galicia”. Os membros de AGE e BNG pediron a disolución da deputación porque reproduce un modelo “clientelar”, e o PS de G-PSOE denunciou que os gastos de persoal supoñen o 40% do presuposto:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/11/07/baltar-reclama-xunta-reparta-diputaciones-tributos-gestiona/0003_2013111383821024377497.htm

 

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/07/galicia/1383854964_024206.html

Diego Calvo

 

No caso do presidente da deputación coruñesa, Diego Calvo (PP) defendeu que deberían fusionarse máis concellos, pero a oposición replicou afirmando que “sobran as deputacións, non os concellos”. Desde BNG, AGE e PSOE criticaron a falta de transparencia dos entes provinciais:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/11/08/diputacion-aumenta-presupuesto-0-evita/780607.html?utm_source=rss

http://www.europapress.es/galicia/noticia-amp-calvo-quiere-parlamento-abra-necesario-debate-fusiones-ayuntamientos-20131107145353.html

 

E o venres 8 comparece o presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, que reivindica a súa xestión como exemplo de que «existe unha alternativa progresista viable e solvente», fronte ás políticas da Xunta e do goberno central. Besteiro sinalou que mentres a deputación luguesa amortizará toda a súa débeda en 2016, a Xunta xa debe 9.900 millones, máis dos 8.391 que presuposta:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/11/08/besteiro-contrapone-gestion-diputacion-lugo-xunta/0003_2013111383905956414640.htm

 

http://www.abc.es/local-galicia/20131108/abci-besteiro-hombre-negro-rajoy-201311081233.html

Ningún Telexornal da TVG ofrece información sobre isas comparecencias… para non reflectir as duras críticas contra as que goberna o PP ??… ou para seguir co “ninguneo” ao socialista Besteiro… ???

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s