O luns 4 de novembro, os informativos da TVG dan un clarísimo exemplo de manipulación e utilización das informacións que sacan outros medios de comunicación.
O Telexornal mediodía cita dúas noticias que publican senllos xornais. A primeira delas -case ao principio do TX- fala de que, segundo o ABC, o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero vendeulle ao PSOE dez inmobles por baixo do valor de taxación:
A segunda (vai a continuación da anterior) alude a unha información publicada por “El mundo” segundo a cal CC. OO. de Andalucía pagou soldos de sindicalistas con cartos públicos destinados a formación:
Pero a perversión “desinformativa” é que outra noticia, amplamente tratada noutros medios, NON TEN NIN UN SÓ SEGUNDO NO MESMO TELEXORNAL: AS DECLARACIÓNS DO EX-SECRETARIO DO PP DE GALICIA, PABLO CRESPO, AFIRMANDO EN”LA SEXTA” QUE O PARTIDO SE FINANCIOU ILEGALMENTE, E QUE ÉL MESMO REPARTÍU SOBRESOLDOS ENTRE OS DIRIXENTES.
Así destaca a propia “la sexta” a información:
E así a reflicten algúns dos numerosos medios de comunicación:
http://politica.elpais.com/politica/2013/11/04/actualidad/1383561690_774209.html
http://praza.com/falase/18604/
Pero como dicimos, A TVG NON DI ABSOLUTAMENTE NADA, NIN DA ENTREVISTA A CRESPO NO PROGRAMA “SALVADOS” DA “SEXTA”, NIN DAS ALUSIÓNS DE OUTROS XORNAIS, RADIOS E TELEVISIÓNS Á MESMA…