Segue o silencio sobre as mobilizacións pola sanidade e contra o copago


O mércores 30 de outubro, a plataforma Iniciativa Galega en Defensa da Gratuidade da Sanidade convoca mobilizacións nos hospitais galegos o 8 de novembro, e unha gran manifestación en Santiago o 17 para esixir que se retire o copago na medicación do cancro.
      O anuncio da convocatoria contou coa participación de alcaldes de concellos como Allariz, Riotorto ou Ribadeo e colectivos sociais de emigrantes retornados, preferentistas ou en defensa da sanidade pública.O alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez, apuntou que esta iniciativa “nace como unha proposta contra a ofensiva do capital que pretende levar por diante os dereitos sociais básicos”.

Gutiérrez foi o primeiro alcalde de España que mostrou a súa postura de insubmisión ao copago dos medicamentos dos enfermos crónicos.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/10/30/convocan-manifestaciones-ante-hospitales-gran-marcha-contra-copago-hospitalario/00031383132743214285382.htm

http://www.europapress.es/galicia/noticia-iniciativa-defensa-da-gratuidade-da-sanidade-no-parara-pp-frene-cruzada-contra-red-publica-20131030141827.html

http://www.galiciae.com/nova/287405-plataforma-gallega-convoca-protesta-copago-casos-cancer

A TVG non da nin un só segundo desta noticia, nin nos Telexornais mediodía e serán do mércores, nin no Bós días do xoves 31, ao igual que pasou hai uns días cando os colectivos sociais se reuniron precisamente en Riotorto para preparar as mobilizacións.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s