Un alcalde solidario… que non é do PP

scale

O mércores 30 de outubro coñécese a noticia de que o alcalde do concello ourensán de Carballeda de Avia, Luis Milia (PSOE), anuncia que ABOARÁ DO SEU PETO O COPAGO FARMACEUTICO AOS VECIÑOS CON INGRESOS BAIXOS QUE TEÑAN DIFICULTADES PARA PAGALOS.

Milia afirma que a meirande parte dos veciños superan os 65 anos e “as pensións que cobran son unha miseria. Se lle subes o IVE e os servizos básicos, non lles queda nada”.

Así reflicten a información varios medios:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/10/30/alcalde-carballeda-avia-abonara-bolsillo-copago-vecinos-necesitados/0003_201310G30P12999.htm

http://www.cuatro.com/te-vas-a-enterar/2013/octubre/30-10-2013/alcalde-Carballeda-Avia-copago-vecinos_2_1692630186.html

http://www.radioourense.com/noticias/otras-noticias/2622-el-concello-de-carballeda-de-avia-asumira-el-copago-farmaceutico

A TVG NON DA NIN UN SEGUNDO SOBRE A NOTICIA, NIN NO “BOS DÍAS” NIN NOS TELEXORNAIS MEDIODÍA E SERÁN.

Contrasta especialmente se nos remontamos algo máis dun ano, cando os informativos da TVG trataron amplamente a noticia de que o alcalde de Dozón (PP), decidíu aportar do seu peto unha axuda de 100 euros para cada neno empadroado que aquel curso estudase no colexio público de Dozón.

2008-04-01_IMG_2008-03-25_01.56.40__26-EDRENR-25032008

Daquela, a TVG informou sobre o asunto no Telexornal mediodía do domingo 9 de setembro:

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-dozon-pon-do-seu-peto-100-euros-por-cada-neno-que-estude-na-vila-414356

E o luns seguinte, día 10, no “Bós días”:

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-dozon-pon-do-seu-peto-100-euros-por-cada-neno-que-estude-na-vila-414474

Porqué isa diferenza de tratamento informativo e de criterio ??. SEGURO QUE NON É PORQUE UN ALCALDE É DO PP E OUTRO DO PSOE !!!. SEGURO !!!.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s