O sábado 26 de outubro tivo lugar en Málaga un dos episodios máis vergoñentos e esperpénticos dos últimos tempos na política española: A presidenta da Junta de Andalucía, a socialista Susana Díaz, sufríu o acoso de numerosos dirixentes do PP cando se dirixía cara ao museo Picasso a un acto conmemorativo.
Houbo momentos de gran tensión, e os representantes do PP mesmo CHEGARON A ZARANDEAR O COCHE NO QUE VIAXABA DÍAZ, E O CONDUTOR TIVO QUE FACER MANOBRAS EVASIVAS PARA EVITAR A “ENCERRONA”.
A noticia tivo unha rápida e inmediata repercusión en cadeas de radio e televisión e nos xornais:
http://www.eldiario.es/andalucia/Alcaldes-PP-protagonizan-reivindicaciones-Diaz_0_190031168.html
http://www.diariosur.es/20131026/local/malaga/alcaldes-encerrados-intentan-exito-201310261145.html
Sen embargo, a TVG NON DEU NINGUNHA NOTICIA SOBRE O ASUNTO, nin o mesmo sábado nin o domingo, nin sequera o luns, cando seguía latente a polémica pola vergoñenta actitude dos membros do PP en Andalucía. Un criterio “moi profesional” dos responsables de informativos da televisión de Galicia…