25 de outubro. O alcalde de Celanova, do Partido Popular, José Luis Ferro, presentou un recurso contencioso-administrativo nos xulgados de Ourense para que non se lle rebaixe o soldo nun 35%.
A medida entrou en vigor tras ser ratificada en dúas ocasións polo pleno municipal nos meses de xullo e agosto. A rebaixa foi de 3.700 a 2.300 euros brutos ao mes, e a oposición defende que este recorte afórralle ás arcas municipais 60.000 euros anuais, sumando a eliminación das adicacións parciais de dúas concellerías.
Na Galega esta información non tivo nin un segundo en pantalla.