A folga do ensino, a policía de Lugo e o can electrocutado

scale

 

O mércores 23 de outubro desenvólvese o segundo día de folga estudiantil no ensino medio, con seguimento tamén nas Universidades, contra os recortes da LOMCE, a chamada “lei Wert”.

Segundo o sindicato de estudantes, o seguimento foi do 90%, mentres o Ministerio de educación fala só do 18’8%.

O Telexornal mediodía da menos dun minuto da noticia, falando brevisimamente das manifestacións en Galicia, e tamén dun xeito moi escaso no resto de España:

http://www.crtvg.es/informativos/policia-local-de-lugo-denuncia-material-de-traballo-defectuoso-685875

Iso si, inmediatamente antes, dase unha noticia de ENORME TRASCENDENCIA EN GALICIA: o material de traballo defectuoso da policía local de Lugo, con contidos tan relevantes como que “as letras despréndense das teas”…

http://www.crtvg.es/informativos/policia-local-de-lugo-denuncia-material-de-traballo-defectuoso-685875

Pero máis adiante, no mesmo informativo, dase unha información especialmente importante para Galicia: MORRE UN CAN ELECTROCUTADO EN VIGO AO OURIÑAR NUN FAROL !!!:

http://www.crtvg.es/informativos/morre-un-can-electrocutado-en-vigo-cando-ourinaba-nun-farol-685859

É dicir; son máis importantes os problemas nos uniformes da policía de Lugo e a morte dun can electrocutado en Vigo que a folga no ensino. Será porque en Lugo e en Vigo hai alcaldes socialistas e mesmo calquera parvada se utiliza para desprestixialos… ???

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s