Cesan ó policía que supervisa as tramas de corrupción do PP

                            udef.png

                          17 de outubro. A Dirección Xeral da Policía que dirixe Ignacio Cosidó anunciou o cesamento do Comisario Xeral de Policía Xudicial, José García Losada, responsable último de todas as investigacións relacionadas coa corrupción. Defendeu a independencia dos seus homes en casos coma a trama Gürtel.
                Trátase do terceiro mando policial que desempeña este cargo na presente lexislatura, despois de que o comisario Juan Antonio González fose fulminado apenas dez días despois da chegada de Jorge Fernández Díaz ao ministerio do Interior. González foi substituído por Enrique Rodríguez Ulla, cesado tamén fulminantemente pola polémica xerada en torno á investigación, secreta e oficial, que ordenou sobre o ático de luxo en Marbella do presidente da comunidade de Madrid, Ignacio González. O seu foi o cargo de comisario máis breve da historia da policía, apenas cinco meses.
                José García Losada, un galego cunha brillante traxectoría de independencia na policía que dirixíu, contra vento e marea, o período máis complexo das investigacións sobre os casos Palau, Gürtel ou Bárcenas, entre outros.
                Ao día seguinte, a oposición pide explicacións ao Goberno, e os sindicatos de policía din que a decisión non ten utilidade policial. 
                          Na Galega, esta información non tivo oco entre os temas dos informativos.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s