O venres 18 de outubro coñécese que o alcalde de Santiago, Angel Currás (PP), coñecía un plan deseñado por varios dos seus concelleiros, tamén do PP, para abrirlle un expediente sancionador ao que en 2012 era subxefe da policia local, José Antonio Carril.
Hai uns días, a xuiza Ana López-Suevos arquivou a imputación de Currás e outros concelleiros e ex-concelleiros por isa causa, pero agora as escoitas telefónicas en relación coa operación Pokémon danlle un novo xiro á situación.
De feito, o avogado de Carril xa recorreu, solicitando que volvan ser imputados o alcalde e os demáis membros do PP no goberno municipal compostelán.
Así o relatan os dous xornais con maior presenza na capital galega:
A TVG -que tampouco da ningunha información sobre os sete concelleiros do PP imputados por prevaricación- NON DA ABSOLUTAMENTE NADA SOBRE ESTE NOVO CAMBIO NA CAUSA CONTRA O ALCALDE DE SANTIAGO E OUTROS CARGOS E EX-CARGOS DO PP NO GOBERNO MUNICIPAL.