17 de outubro. Un informe da Axencia Tributaria remitido ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz detalla que Jesús Merino, ex deputado do PP e colaborador de Sáenz de Santamaria, percibiu 800.000 euros da trama Gürtel.
Uns ingresos que cobrou a través das sociedades Serrano 50 Global Consultoría, Algaba Consultores, Everlande Fuentelavanda, das que era propietario xunto á súa familia ou estaban controladas por supostos homes de palla e tamén en negro.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/17/espana/1382030631.html
http://www.abc.es/espana/20131017/abci-merino-correa-millones-201310171950.html
http://www.publico.es/475449/un-excolaborador-de-saenz-de-santamaria-cobro-800-000-euros-de-gurtel
Merino foi un estreito colaborador do actual vicepresidente do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría. Foi nomeado en 2008 membro da dirección do Grupo Parlamentario Popular no Congreso, que dirixíaSáenz de Santamaría. Nese ano, 2008, emitiu facturas pactadas co número dous da trama, Pablo Crespo, por importe de 143.000 euros.
Na Galega esta información non se deu.