Vergoñento silencio sobre as críticas dos xuices santiagueses á voceira do PP

fotonoticia_20130809105152_800

Mércores 16 de outubro. A xunta de xuices de Santiago, UNANIMEMENTE, rexeita as declaracións da voceira municipal María Pardo (PP), que acusou á xuiza Ana López-Suevos de persecución política contra o partido popular por imputar a sete edís por un presunto delito de prevaricación.

Para os xuices, as manifestacións de Pardo están “carentes do máis mínimo fundamento”, “entran de cheo na esfera do insulto e a descualificación, e son impropias dun responsable político e dunha sociedade democrática”.

 

maria_617195_0x0_izda

No mesmo escrito, consideran “CURIOSO” que se acuse a esta xuiza, cando hai só unha semana a mesma voceira do PP eloxiabaa pola “xustiza feita ao arquivar unha denuncia contra varios membros do concello”.

Os medios de comunicación destacan a información, nada máis coñecerse:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/16/galicia/1381927364_187373.html

http://www.europapress.es/galicia/noticia-junta-jueces-santiago-acusa-edil-maria-pardo-evidenciar-poco-respeto-division-poderes-20131016142342.html

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/junta-jueces-santiago-acusa-maria-pardo-evidenciar-poco-respeto-division-poderes/idEdicion-2013-10-16/idNoticia-832355/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/10/16/jueces-santiago-creen-insulto-criticas-ediles-santiago-nueva-imputacion/0003_20131020131016151736330.htm

http://www.periodico.com/duras_criticas_jueces_santiago_al_gobierno_municipal_rssc-2184738.html

A TVG, no Telexornal mediodía, limítase a dar unha “noticia de última hora” duns cantos segundos -practicamente ao remate do informativo-, lida pola presentadora, na que só fala do apoio dos xuices a Ana López-Suevos:

http://www.crtvg.es/informativos/os-xuices-de-santiago-apoian-a-maxisstrada-que-imputou-sete-concelleiros-do-pp-681059

E para rematar a vergoña “desinformativa”, o Telexornal serán,,, NON OFRECE NIGUNHA NOTICIA AO RESPECTO !!!.

E, por suposto, seguen sen aparecer na TVG as opinións de concelleiros da oposición no concello da capital galega. Segue a lamentable actitude dos responsables de informativos da televisión pública de Galicia ocultando unha noticia tan salientable.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s