11 de outubro. O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz imputou ao xerente do PP de Castela a Mancha, José Ángel Cañas, polo suposto cobramento dunha comisión de 200.000 euros pola adxudicación dos servizos de limpeza de Toledo a unha filial de Sacyr.
Mentres, na TVG a información é esta:
Destácase no titular que o xuíz non chamará a declarar a Rajoy, e dentro da información que tampouco o farán Rato nin Mayor Oreja. Si Lapuerta, de 86 anos, malia as indicacións contrarias dos médicos,
Só se fai unha pequena referencia, a pesar de ser a noticia do día dentro do caso Bárcenas, á imputación de Cañas polo cobro dunha comisión de 200 MIL euros.
Unha estratexia á que xa nos ten afeitos a liña editorial dos informativos da Galega, que non escatima recursos en aclarar que os dirixentes do PP non cobraron cartos en negro, ao mesmo tempo que silencia aqueles datos que amosan o contrario.