O luns 7 de outubro desenvólvese en Monforte unha xuntanza entre os presidentes das deputacións de Lugo e Ourense, Xosé Ramón Gómez Besteiro e José Manuel Baltar, para impulsar iniciativas e conseguir que a Ribeira sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade.
A TVG, no Telexornal mediodía, ofrece unha breve información disa xuntanza, PERO SEN CITAR EN NINGÚN MOMENTO OS NOMES DE ÁMBOLOS DIRIXENTES, cando o normal en calquera noticia é mencionalos:
Será porque o PP (e os seus lacaios na TVG) xa “ningunea” descaradamente ó novo secretario xeral do PS de G-PSOE e máis ca probable futuro candidato á presidencia da Xunta de Galicia… ??