As mazás podres e os garavanzos negros de Rudi (PP)

_rudi_38cf266b

 

O domingo 6 de outubro, a presidenta de Aragón e do PP nesa comunidade autónoma, Luisa Fernanda Rudi, afirmou diante duns 2500 simpatizantes do Partido que “cando aparece un garbanzo negro, unha mazá podrida” en política, “patada e fora”.

Así o destacaron a meirande parte dos medios de comunicación, polo simbolismo e importancia desas declaracións dun alto cargo do PP cando aínda ferve o caso Bárcenas:

http://www.europapress.es/nacional/noticia-rudi-dice-cuando-aparece-manzana-podrida-politica-patada-fuera-20131006145215.html

http://www.elperiodico.com/es/noticias/politica/rudi-cuando-aparece-una-manzana-podrida-politica-patada-fuera-2723709?utm_source=rss-noticias&utm_medium=feed&utm_campaign=portada

http://www.aragonradio.com/rudi-dice-que-cuando-aparece-una-manzana-podrida-en-politica-patada-y-fuera-2/

http://www.elperiodicodearagon.com/noticias/temadia/rudi-defiende-los-recortes-y-anima-a-dar-una-patada-a-los-corruptos_889064.html

Pero para os informativos da fin de semana da TVG, iso non ten importancia nin merece atención. O Telexornal serán do domingo só ofrece unhas declaracións de Rudi… nas que acusa ao PSOE de manipular ós cidadáns…

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-acusa-o-psoe-de-manipular-aos-cidadans-675202

Iso é criterio informativo !!!. Claro que… nun só enderezo. A autocrítica de Rudi co propio PP nin se menciona. Só a crítica ó adversario político.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s