Que pasou coa pensionista que criticou ó PP ??

           

O sábado 5 de outubro, nun acto sobre pensións organizado polo PP en Toledo (na comunidade de Castela a Mancha que preside María Dolores de Cospedal), prodúcese un feito moi significativo; unha xubilada critica e recrimínalle ao goberno do PP a cicatería na suba do 0’25% das pensións, co que perden poder adquisitivo.

Margarita García, secretaria xeral da Unión democrática de pensións e xubilados, contestoulle así á euforia mostrada antes nese foro pola propia Cospedal e pola ministra de Emprego, Fátima Báñez. García asegurou sentirse moi preocupada por isa medida do PP, aínda recoñecendo que ela votou por ese partido.

Este é un pequeno extracto das intervencións:

http://www.youtube.com/watch?v=XZ4ZXCSJbtA

E así o reflicten moitos medios de comunicación, algúns mesmo de dereitas:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/05/espana/1380967485.html

http://www.abc.es/economia/20131005/rc-pensionistas-cargan-ante-banez-201310051734.html

http://noticias.lainformacion.com/politica/partidos/la-voz-critica-de-una-pensionista-preocupada_q3pmew24if3hEu87tTTkW1/

http://economia.elpais.com/economia/2013/10/05/actualidad/1380982853_757818.html

Para a TVG só é noticia a intervención de Fátima Báñez nese foro, resaltando as “bondades” da reforma laboral e das pensións. Esta é a información que se ofrece, nos Telexornais mediodía e serán do sábado:

         O de sempre: ningunha voz crítica ás medidas do PP… nin sequera dunha pensionista.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s