O venres 4 de outubro, o concello de Riotorto, no que goberna o BNG, decide que asumirá o copago en fármacos hospitalarios dos veciños que padecen patoloxías graves ou crónicas.
O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, destacou que a medida é necesaria e xusta fronte á discriminación do Partido Popular contra persoas vulnerables, e animou ao resto de concellos galegos e españois a que sigan o exemplo de Riotorto para rebelarse contra a falta de ética e moral do PP.
Nada máis coñecerse a noticia, os medios de comunicación destácana xa nas edicións en internet:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/04/galicia/1380885519_383264.html
Como case sempre, hai unha excepción: a TVG NON DA NINGUNHA INFORMACIÓN sobre un feito inédito ata o de agora, e que supón a “rebeldía” dun pequeno concello contra a decisión do copago hospitalario por parte do goberno do PP.