Para o PP é suficiente

            https://mail-attachment.googleusercontent.com/attachment/u/0/?ui=2&ik=87ea391459&view=att&th=1418592d559e99b1&attid=0.1&disp=inline&realattid=f_hmdz6yyp0&safe=1&zw&saduie=AG9B_P8Kd47Jiz4WzFCDj1o1fUSU&sadet=1380929802936&sads=jB0PqCzxbkw2m3HDdD31y5pzy1g&sadssc=1

4 de outubro. Péchase no Parlamento Galego a comisión que investiga o proceso de fusión das extintas caixas de aforros galegas Caixa Galicia e Caixanova. A oposición amosou o seu desgusto, pero o PP coa súa maioría impuxo o seu criterio.

       Os partidos da oposición reclamaban a presenza de dez persoas e a remisión doutros seis documentos.
           Na súa opinión faltaban comparecentes coma a exconselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, actual secretaria de Estado de presupostos; e que volvesen declarar na comisión o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e os antigos máximos responsables de Caixagalicia e Caixanova, José Luis Méndez e Julio Fernández Gayoso.
 
       Toda a prensa galega cualifica a actitude do Partido Popular como un veto, que da carpetazo ou tumba as peticións de máis información.
 
              Mentres, na TVG o enfoque é ben distinto. Dan a información sen valoración algunha dos grupos políticos e destacando que hai documentos e testemuños suficientes para poder elaborar un informe. Unha información que vai nas dúas edicións do Telexornal, Mediodía e Serán:
              O que non se dí e se ese informe, malia ter abundantes datos, será suficiente para explicar todo o revirado proceso de fusión das caixas galegas.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s