O martes 24 prodúcese un dos feitos máis salientables nos últimos tempos no Congreso dos deputados en Madrid.
O martes 24 prodúcese un dos feitos máis salientables nos últimos tempos no Congreso dos deputados en Madrid.
Luns, 23 de setembro: o alcalde de Vigo cualificou de “desvergoña política” a proposta da Xunta para o aeroporto de Peinador.
O luns 23, os grupos parlamentarios de AGE e BNG no Parlamento de Galicia deciden ABANDONAR A COMISIÓN CONTRA A CORRUPCIÓN, FARTOS DA INSTRUMENTALIZACIÓN E MANIPULACIÓN DO PARTIDO POPULAR.
19 de setembro 2013. O Papa concede unha entrevista a unha revista jesuita na que asegura que él “nunca foi de dereitas”. A súa «forma autoritaria de tomar decisións” levoulle no pasado «a ser acusado de ultraconservador”.
16 setembro 2013. Europa Press fai pública varias informacións en referencia a Memoria da Fiscalía Xeral do Estado, na que asegura que os recortes dos presupostos nas tarefas de prevención dos incendios forestais diminuíu en 2012, así como os medios en investigación, combate e extinción.
17 setembro 2013. Varios medios recollen o efecto dos recortes na educación. Destacan que a perda de axudas en libros e tamén o descenso das bolsas no 2012.
12 setembro 2013. Un xornal galego publica que na xestión de Alimentos Lácteos, que está en fase de acreedores, hai sopeitas de cobros irregulares por parte do presidente e secretario do consello.
13 setembro. O lume queima en Carnota o Monte Pindo. A organización Monte Pindo Parque Natural, (http://www.montepindo.org/), é das primeiras voces críticas co goberno da Xunta, pola súa actuación neste incendio e pola xestión deste espazo natural.
11 de setembro 2013. Pleno no Parlamento de Galicia marcado pola tensión e os enfrontamentos entre eles un de Feijóo con Yolanda Díaz de AGE, por mor do caso Bárcenas e os contratos con Marcial Dorado que recollen varios medios galegos. O presidente da Xunta dixo sentir vergoña do ex tesoureiro.
Debe estar conectado para enviar un comentario.