Domingo, 29 de setembro: o principal partido da oposición elixe líder. Xosé Ramón Gómez Besteiro é o novo secretario xeral do PSdeG e principal protagonista, polo tanto, dunha das máis importantes novas políticas do ano.
Pois ben, malia a relevancia da información, a Besteiro apenas se lle escoitou nos informativos do domingo: 15 segundos no Telexornal Mediodía (que abriu coa asemblea dos socialistas galegos) e 10 segundos no Telexornal Serán (onde se desprazou a noticia ó minuto 15 do informativo).
Telexornal Mediodía:
http://www.crtvg.es/informativos/xose-ramon-gomez-besteiro-e-o-novo-secretario-xeral-do-psdeg-670623
http://www.crtvg.es/informativos/pilar-cancela-secretaria-de-organizacion-670622
Telexornal Serán:
http://www.crtvg.es/informativos/xose-ramon-gomez-besteiro-novo-secretario-xeral-do-psdeg-670674
http://www.crtvg.es/informativos/besteiro-renova-a-executiva-socialista-con-caras-novas-670673
Comparemos co tratamento que se lle deu en xaneiro a Alberto Núñez Feijóo cando foi reelixido presidente do PPdeG.
Telexornal Mediodía: ábrese o informativo cunha conexión en directo con Lugo desde o lugar do congreso. Hai dous equipos desprazados e tres entradas no Telexornal.
http://www.crtvg.es/informativos/alberto-nunez-feijoo-reelixido-presidente-do-ppdg-513126
http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-pide-contundencia-cos-casos-de-corrupcion-513125
http://www.crtvg.es/informativos/o-ppdeg-renova-o-seu-ideario-513124
Telexornal Serán: lóxicamente vólvese abrir o informativo coa relevante noticia da reelección de Núñez Feijóo. Dous videos con declaracións, no último deles de ata 5 políticos do PP.
http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-o-noso-deber-e-renovar-o-partido-a-politica-e-galicia-513183
Evidentemente, a diferencia de peso político dos dous partidos é neste momento notable, pero tanta como para haber semellante diferencia de tratamento?:
Besteiro: 25 segundos entre os dous Telexornais.
Feijóo: 1 minuto, 42 segundos entre os dous Telexornais, é dicir catro veces máis do tempo que se lle dedicou directamente a Besteiro.