O domingo 29 de setembro, prodúcese en Palma de Mallorca a que xa se considera como a maior manifestación cidadá da historia nas illas Baleares.
Preto de 100.000 persoas colapsaron as rúas da cidade en defensa da educación pública, da lingua balear no ensino, e de apoio aos profesores que manteñen unha folga indefinida nesa comunidade.
O obxectivo prioritario das críticas foi o goberno autonómico, do PP, presidido por José Ramón Bauzá, pero tamén houbo alusións e ataques ao goberno central (igualmente do PP) e as súas políticas educativas.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/29/actualidad/1380473980_619444.html
http://www.abc.es/local-baleares/20130929/abci-marea-verde-palm-201309292045.html
O Telexornal serán da TVG deste domingo da a información da marcha multitudinaria… da defensa da lingua balear… pero esquece un pequeno detalle:
EN NINGÚN MOMENTO SE CITA AO PP. NIN QUE É O PRINCIPAL OBXECTIVO DA MARCHA CIDADÁ, NIN QUE TAMÉN É CRITICADO POLA SÚA POLÍTICA EDUCATIVA TAMÉN NO RESTO DE ESPAÑA…
O de sempre: as críticas, sentencias, corruptelas ou irregularidades do PP prodúcenlle aversión aos responsables de informativos da TVG. Por iso non se dan, ou danse dun xeito descaradamente manipulado. Este é outro dos seus métodos.