TVG silencia a folga do ensino balear contra a eliminación de horas docentes en catalán

images

 

Os informativos da Televisión de Galicia silencian sistemáticamente a folga do ensino que desde hai semana e media mantén bloqueado o comezo do curso en Baleares.

Hai mais de 300 centros afectados, e malia que as illas baleares quedan lonxe, o motivo da folga é moi cercano á nosa comunidade: o idioma propio.

Os profesores protestan contra o modelo trilingüe imposto polo goberno autonómico, do Partido Popular, que resta horas ao catalán en favor do inglés. O apoio social nas rúas e na comunidade educativa está a ser masivo, como demostra que xa teñen recaudados 107.000 euros para compensar a perda de soldo dos docentes, que piden formación para poder impartir clases en inglés e que se manteñan as horas do catalán.

Sete días de folga que se recollen en todolos medios de diferente maneira:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/septima-jornada-huelga-educacion-baleares/2029307/

http://www.lasexta.com/noticias/economia/profesores-baleares-comienzan-segunda-semana-huelga_2013092300018.html

http://multimedia.farodevigo.es/videos/nacional/20130917/huelga-indefinida-contra-los-recortes-educacion-412074.shtml

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/22/baleares/1379844555.html

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/23/actualidad/1379964896_017208.html

http://www.abc.es/sociedad/20130924/abci-baleares-valida-trilinguismo-201309241250.html

http://www.lavanguardia.com/vida/20130916/54383621174/manifestacion-huelga-indefinida-educacion-baleares.html

Agás en TVG, que malia dispor diariamente das imaxes que facilita a televisión balear a todas as canles autonómicas agrupadas na FORTA, non emite absolutamente nada dun problema que ten moitas similitudes con Galicia.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s