O martes 24, o grupo do PP na Deputación de Lugo rexeitou a destitución do alcalde de Baralla e deputado provincial, Manuel González Capón, que nun pleno do seu concello xustificou a represión franquista, co argumento de que o rexedor “arrepentíuse” das súas verbas.
Os populares votaron en contra dunha moción debatida na Deputación luguesa, que saíu adiante cos votos de PSOE e BNG. Agora, a Deputación pediralle ao presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que destitúa dos seus cargos a González Capón, que afirmou que “os que foron condenados a morte (con Franco) será porque o merecían”.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/09/24/galicia/1380046714_313360.html
Igual que sucedeu durante toda a polémica suscitada polas declaracións de González Capón, a TVG NON OFRECEU NINGUNHA INFORMACIÓN sobre o pleno da Deputación luguesa e a decisión adoptada cos votos de PSOE e BNG.