65.000 visitas e moito traballo por diante en defensa duns medios públicos distintos

Aínda non fixemos o medio ano de vida (aínda que pareza mentira a semana que ven chegaremos ó noso sexto mes) e xa superamos as 65.000 visitas ao blog eunonmanipulo.wordpress.com

Queremos agradecérvolo e reiterar que estamos á vosa disposición para que suxirades, critiquedes ou denunciedes o que estimedes oportuno no noso correo electrónico: eunonmanipulo@gmail.com

Podédesnos seguir en tamén en facebook e twitter.

E xa saben todos aquel@s compañeir@s que queiran subirse a bordo. Necesitámosvos!! Somos maioría os que criticamos a sistemática manipulación que viven os telexornais desde hai moitísimos anos. Lembrade que máis do 60% dos xornalistas adscritos á redacción de informativos da TVG denunciaron co seu nome e apelidos a manipulación informativa, tal e como contou hai tempo este blog.

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/04/mais-do-60-dos-xornalistas-da-tvg-denuncian-manipulacion-informativa/

Agora se trata de facer uns informativos plurais, cercanos, imparciais, realmente públicos e de todos. Material humano hai dabondo. Medios técnicos, tamén. Traballemos para conseguir un estatuto do redactor e un consello de informativos que vele pola integridade informativa dos telexornais. Denunciemos as prácticas que nos avergoñan nas conversas de redacción e fan que agachemos a cabeza cando falamos con compañeiros doutros medios.

 

Se todos ou case todos pensamos o mesmo, por que non dar un paso adiante e mollarse polo que realmente paga a pena? Quizais esta sexa unha das últimas oportunidades.

Xuntos podemos facer a televisión e a radio públicas que cremos que Galicia necesita.

 

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s