Os informativos de Televisión de Galicia teñen unha maneira cando menos sospeitosa de engadir ou ocultar información nos casos de corrupción política. Se os implicados son dirixentes do Partido Popular, a militancia política non se especifica, pero os responsables dos telexornais nunca se lles escapa este dato informativo cando son dirixentes do PSOE.
Hoxe, día 10 de setembro, a xuiza Mercedes Ayala decidiu abrir o proceso para imputar os expresidentes andaluces José Antonio Griñán e Manuel Chaves no caso dos ERES, o suposto fraude con axudas públicas a empresas e traballadores.
Así se deu a información no Telexornal Mediodía. E correcta, e queda claro que os imputados son socialistas.
http://www.crtvg.es/informativos/grinan-e-chaves-imputados-no-caso-dos-ere-660295
Sen embargo, reiteradamente se oculta que ó ex presidente da comunidade valenciá Francisco Camps e a alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, son do PP. Nas informacións xudiciais nas que aparecen vencellados con presuntos delitos de malversación de fondos públicos, suborno, falsidade documental e fraude en relación co caso Nóos, só se di que son expresidente e alcaldesa de Valencia
Estes son só algúns exemplos nos telexornais mediodía e serán e na web da CRTVG:
Eunonmanipulo sostén que o dato é importante xa sexa o implicado do PP, do PSOE, do BNG, IU, CiU….