Un problema de urticaria

2 de setembro 2013. Só o seu nome provoca un enorme proído no corpo en calquera que teña algo que decidir dentro da dirección de informativos da Galega. Bárcenas, Luis Bárcenas, ou agarimosamente “Luis o Cabrón”.
Ao mellor creen algúns propagandistas do Partido Popular que é un termo que está de moda e caen na tentación de dar un tratamento “agarimoso” a outros políticos ou organizacións que consideran adversarios e ás veces inimigos íntimos.
Por iso intentan esparexer aos catro ventos o que para eles debe ser un monte de cumpridos, dado que no seu vocabulario existen termos como o “finiquito diferido”, “pagos complementarios”, “doazons anónimas” ou de “ordenadores custodiados” no canto de dicir seguir contratado, sobresoldos, subornos, ou datos borrados…..
E como dende os informativos da Galega cren que os deles xa saén na tele o suficiente, sobre todo falando desa inconmensurable tarefa de erguer a economía, parece que mundial,  deciden darlle máis tempo a organizacións de corte máis progresista.
Ao non estar afeitos aos que somos algo parviños parécenos que máis que cumpridos se trata de ataques. Intentos de guindar enriba dos demais a maior cantidade de lixo posible por eso da estratexia do “ti máis” ou “ti tamén”. Iso sí a roupa dun lávase na casiá e nada de andar contando de máis, por iso o que diga Cospedal hai que tratalo con coidadiño, e canto menos se fale do asunto mellor….

http://www.crtvg.es/informativos/cospedal-di-que-e-rotundamente-falso-o-publicado-por-el-mundo-653367

Sobre todo despois de quedar claro que cando a presionan non responde nada ben….
Volvendo ao do proído, tamén pode ser que estemos ante un caso de “saúde púbica” por iso de intentar evitar rañarse alí onde máis lles pica….. e nos sen sabelo. Pero máis lles valera decidirse por un tratamento de corticoides para evitala urticaria e deixar de manipualar na televisión de todos para que cumpra co seu obxectivo que é informar aos galegos dando a cada contido a duración e espacio que se merecen.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s