Luns, 2 de setembro: o Telexornal serán dedícalle o seu primeiro bloque ás “bondades” da xestión gubernamental.
Abre coa previsión de que os datos do paro no mes de agosto serán os mellores desde o ano 2.000.
Tras tres novas sobre a reformas das pensións, entre elas unhas declaracións da ministra Báñez nas que anuncia unha suba das pensións dun 1%, vólvese sobre o primeiro tema: o paro e os bos datos de agosto, “un aval da política laboral do Goberno”, segundo o PP.
O Telexornal segue cunha declaración do secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba sobre os indicios da din da recesión.
http://www.crtvg.es/informativos/o-psoe-ve-indicios-que-indican-a-fin-da-recesion-653387
O laudatorio arranque continúa coa diminución da débeda das familias españolas.
http://www.crtvg.es/informativos/diminue-a-debeda-dos-fogares-espanois-653386
E finaliza coas subas na Bolsa e o descenso na prima de risco.
En medio deste oasis de boas novas, o descenso das matriculacións de vehículos en agosto (un 18% en España e un 20% en Galicia) podería emborronar un gran comezo. Solución: “tirar” a noticia que estaba feita.
E seguiu o Telexornal.