O sector crítico do PSdeG-PSOE en Vigo volve acaparar segundos e segundos do Telexornal. A Gonzalo Caballero non lle costa nada saír nos informativos da tele. Se fose alcalde, sería outro cantar.
Venres, 30 de agosto: O PSOE vigués abriralle expediente a Gonzalo Caballero por “calumniar” a concelleira e deputada Carmela Silva. Os telexornais dedícanlle á noticia 1 minuto e 24 segundos.
Gonzalo Caballero, que sae nos telexornais con bastante asiduidade, aparece tamén en portada do Telexornal Mediodía coa lenda “Sancionados por cumprir as normas do PSdeG” (non é un erro, senón o credes podedes comprobalo a partir do minuto 3:41 deste enlace):
(Lembrade que o día anterior un eurodeputado crítico do PP, Alejo Vidal-Quadras, pediu “un cambio de xinete” no Goberno, información que non ofreceu a TVG).
O mesmo día da noticia de Gonzalo Caballero, o PSOE pide que se investigue quen manipulou os ordenadores de Bárcenas, nova á que só se lle dedica 26 segundos no Telexornal mediodía, tres veces menos que a Gonzalo Caballero. Evidentemente, o caso Bárcenas non vai en portada.
No Telexornal serán é Rubalcaba quen fala sobre a destrución dos ordenadores de Bárcenas. Dedícaselle 30 segundos.
Sobran comentarios.